domingo, 22 de abril de 2018

VISITA A SARGADELOS

O pasado 6 de abril, estiremos de visita na fábrica de sargadelos. Moitas grazas ao persoal da fábrica por atendernos con tanto agarimo. 

mércores, 28 de febreiro de 2018

VISITA Á COMISARÍA DE POLICÍA DE VIVEIRO

O pasado 15 de febreiro visitamos a Comisaría de Policía de Viveiro. Aprendemos moitas cousas grazas ao Axente da Policía Pablo, que foi o noso guía. Visitamos a sala donde se fan os carné de identidade, a sala de Xuntas, o despacho do Xefe de Comisaría, a habitación onde miden, pesan e sacan a foto do delincuente, os calabozos...
Nunha charla explicounos que nunca hai que ter medo a un Policía. Sempre están para axudar, por exemplo, se nos perdemos, eles axúdannos a chegar a casa. Tamén nos ensinou a súa placa e o seu carné de policía. Ao rematar regalounos uns adhesivos de coches, motos, camión... e un carné de policía para elaborar o noso propio!!!
Tamén nos divertimos moito subindo aos coches e furgóns, escoitando a serea, así coma coa Axente da Policía Científica, que nos mostrou como fan para identificar as pegadas dos delincuentes.
Queremos dar as grazas ao axente Pablo pola súa amabilidad e por ensinarnos tantas cousas. Foi unha visita moi enriquecedora.

mércores, 31 de xaneiro de 2018

OS NENOS DO CEIP DE CERVO Nº1 E A PAZ

O alumnado de Educación Infantil elaboramos un vídeo para recordar por que celebramos o DÍA DA PAZ e por que é nesa data, así coma un consejos para que todos os días sean días da paz. Queredes velo? Pois dalle ao PLAY

luns, 8 de xaneiro de 2018

VISITA DE PAPÁ NOEL

...

venres, 22 de decembro de 2017

FESTIVAL NADAL 2017

Deixámosvos o vídeo da nosa actuación no festival de Nadal 2017.

Para finalizar o OUTONO plantamos un froito seco típico da estación, AS NOCES. Xa as colocamos na Terra nunca maceta e puxémolas preto da luz, démoslle de beber... Á volta de vacacións tenemos que seguir coidándoas con moto mimo.
...

venres, 8 de decembro de 2017

CANCIÓN FESTIVAL DE NADAL 2017

No festival de Nadal imos interpretar "Cosas de la Navidad" de Raúl Charlo. Deixámosvos un vídeo coa canción e letra para que podades ensaiar na casa.


       

mércores, 29 de novembro de 2017

TODOS OS DÍAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero. No cole participamos unha actividade en conxunto con varios centros galegos. Nos seguintes vídeos podedes ver o noso traballo e un fermoso vídeo elaborado polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño, de Abadín.




martes, 28 de novembro de 2017

SANTA CECILIA

Cada 22 de novembro, Santa Cecilia, celébrase o día da Música. O alumnado do instituto e a súa profe de música, María, puxeron en escena a divertida obra teatral musicada "as laranxas máis laranxas de todas as laranxas"de Carlos Casares, que onte puidemos ver na casa da cultura de San Cibrao.
Moitas grazas chicos!!





mércores, 22 de novembro de 2017

O MAGO TETO

Un ano máis encheremos o cole maxia. Nesta ocasión contaremos coa actuación do Mago Teto, que terá lugar o vindeiro venres, 24 de novembro. Se queredes coñecer ao mago preme na imaxe.

 MAGO TETO

martes, 21 de novembro de 2017

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hai mais de trinta anos que a escritora Adela Turín publicou a colección "Dalle parte delle bambine" (a favor das nenas), converténdose nunca colección referencia para a coeducación e a igualdade na época. Tristemente, despois de tantos anos, estes libros seguen sendo necesarios na actualidade. 

Recomendamos os siguientes contos para traballar co alumnado de infantil:

CONTO: ARTURO E CLEMENTINA


Adaptación do conto Arturo e Clementina realizada polo alumnado de Infantil do CEIP Ricardo Tobío ( Esteiro- Muros)

Reflexións para traballar despois da lectura co alumnado:
- Como é Clementina?
- Por que cres que Clementina non era feliz?
- Como é Arturo?
- Se foses Clementina, que farías no seu lugar?
- Que che parece o final do conto?
- Esperabas que terminase así?
- Que é o que máis che gustou da historia?
- Que é o que menos che gustou da historia?
- Que aprendiches coa historia?
- Cres que podería ser real?
Outras actividades:
- Realiza un debuxo que represente o máis significativo.
- Actividades tipo: que pasaría se...
- Inventar outro final.
- Continuar a historia.


CONTO: ROSA CARAMELO
Na manada, todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita. Pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas para os machos. Ao non aceptar esa tradición mostrará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía.

Guía didáctica sobre o conto Rosa Caramelo


WEBQUEST infantil sobre o conto Rosa Caramelo

CONTO: A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar.

Outro conto moi interesante é "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"

Ilustración da princesa Carlota en branco e negro para que o alumnado a vista como queira.
CONTO: LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS
CONTO: MARUXA
Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día... Maruxa decide darlle unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome conciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

CANCIÓN SÚPER LOLA
E para rematar a entrada publicamos esta canción que nos ensinou a profe Loli. Agardamos que vos guste.


martes, 31 de outubro de 2017

SAMAÍN 2017

DESFILE E CONCURSO DE CAIXAS TERRORÍFICAS

CONXURO DE SAMAÍN. ELABORADO ENTRE TODO O ALUMNADO DO CENTRO.



domingo, 7 de maio de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017 o alumnado de 6º de educación Primaria agasallounos coa representación do conto " A CASA DA MOSCA CHOSCA"



Dende o equipo da biblioteca propúxosenos escribir o que era un libro para cada un de nós nuns paneis que agora forman parte da biblioteca de centro.




VISITA DE ANXO MORE

O mércores 29 de marzo tivemos a visita do contacontos ANXO MOURE. E como podedes ver tamén chegou en patinete...



IV SEMANA DO PATÍN

A semana do 27 ao 31 de marzo celebramos no colexio a " IV festa do patín" Durante o momento do recreo o alumnado realizou xogos subidos nos patinetes e patíns. Pasámolo moi ben!!





sábado, 25 de marzo de 2017

Para celebrar o día da árbore e da auga, a deputación de Lugo entregou en todos os centros da provincia o conto: " Eva, o trasto e o ameneiro" e unha guía didáctica con actividades. A finalidade é fomentar a importancia das árbores e da auga, resaltando a figura do ameneiro. Para poñer broche final á semana da árbore e da auga plantamos dous ameneiros no patio do cole. Puxémoslles o nome de SOL e DIAMANTE.

mércores, 15 de marzo de 2017

ESTREANDO PARQUE!!!

Un dos momentos que máis nos gusta da xornada escolar é O RECREO. Hai unhas semanas que non podiamos utilizar todo o espazo, algo que ás veces notamos, xa que se nos fixo algo pequeno só poder xogar polo resto do patio escolar. Pero onte levámonos unha gran sorpresa, xa podiamos xogar no parque novo!!!, tan esperado por nós!!! Aquí podedes ver algunhas fotografías dos primeiros momentos de xogo.







ENTROIDO 2017




luns, 20 de febreiro de 2017

MANDADIÑOS DO MECO

Pois xa damos entrada a semana na que celebramos O ENTROIDO no cole. Deixámosvos os mandadiños do MECO. Lembrade que son acumulativos.

martes, 7 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ 2017

O 30 de xaneiro celebramos no cole O DÍA DA PAZ. 
A nivel de aula-ciclo traballamos o poema "SOLO TRES LETRAS" de Gloria Fuertes.
Cada grupo de infantil encargouse de traballar con cada letra e co poema na aula. Ao finalizar as actividades do día formamos a palabra PAZ no corredor de infantil.
A nivel de centro tivemos sesións simultáneas de cine pola PAZ.

 En infantil disfrutamos do curto BRIDGE - A PONTE. Un curto animado que nos convida á reflexión e nos mostra como moitas veces os problemas que parecen máis grandes teñen unha fácil solución.
O conto infantil "mi lado de la bufanda" sobre o valor da amizade eterna.
Por último o conto WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. A historia dunha muller Keniana. Una historia verdadeira de loita e superación. Wangari foi premio Nobel da Paz no ano 2004

E todas e todos xuntos no patio disfrutamos do xogo pola PAZ. Por equipos tiñamos que ir atopando pezas dun crebacabezas coa imaxe do faro de San Cibrao. Unha vez que logramos reunir todas as pezas levámonos unha grata sorpresa... A imaxe en  xigante formada coas nosas fotos en miniatura!!!

sábado, 4 de febreiro de 2017

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O 26 de xaneiro é o día mundial da Educación Ambiental. No cole realizamos xogos organizados polo Concello para concienciar aos máis novos no seu coidado e protección.. 

sábado, 10 de decembro de 2016

Ola familias!
Deixámosvos a panxoliña que interpretaremos no festival de Nadal por se queredes ensaiar con vosos peques.


martes, 6 de decembro de 2016

EXPOSICIÓN JOSÉ MARÍA CAO LUACES

O pasado luns estivemos na exposición do artista de Cervo, José María Cao Luaces (Cervo,13 de decembro de 1862- Lanús, Argentina, 27 de xaneiro de 1918).Na exposición vimos moitas caricaturas do ilustrador, un vídeo de quen era e ata fixemos nosa propia caricatura.

domingo, 27 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

O pasado 18 de novembro celebramos O MAGOSTO. Aínda que o tempo non nos acompañou, e tivemos que trasladarnos ao ximnasio do colexio, pasámolo xenial coas actividades propostas polo profe Luís. E para mostra...


VISITA ODONTÓLOGA

Hai unhas semanas tivemos a sorte de contar coa visita da odontóloga CAROLINA CARIDAD PADILLA (clínica dental CAOSA ) Ensinounos a cepillarnos os dentes de forma adecuada e as veces que debemos facelo ao día. Todo iso de forma lúdica e práctica. 

Desde aquí gustaríanos darlle as grazas pola súa visita e por todo o que aprendemos. Tamén agradecerlle á profe Aurora Lorenzo por facer posible a súa visita.


venres, 11 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

Como cada ano O SAMAÍN chegou ao noso cole.
Este ano participamos no concurso " CONTOS DE MEDO " convocado polo equipo de actividades complementarias.