sábado, 10 de decembro de 2016

Ola familias!
Deixámosvos a panxoliña que interpretaremos no festival de Nadal por se queredes ensaiar con vosos peques.


martes, 6 de decembro de 2016

EXPOSICIÓN JOSÉ MARÍA CAO LUACES

O pasado luns estivemos na exposición do artista de Cervo, José María Cao Luaces (Cervo,13 de decembro de 1862- Lanús, Argentina, 27 de xaneiro de 1918).Na exposición vimos moitas caricaturas do ilustrador, un vídeo de quen era e ata fixemos nosa propia caricatura.

domingo, 27 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

O pasado 18 de novembro celebramos O MAGOSTO. Aínda que o tempo non nos acompañou, e tivemos que trasladarnos ao ximnasio do colexio, pasámolo xenial coas actividades propostas polo profe Luís. E para mostra...


VISITA ODONTÓLOGA

Hai unhas semanas tivemos a sorte de contar coa visita da odontóloga CAROLINA CARIDAD PADILLA (clínica dental CAOSA ) Ensinounos a cepillarnos os dentes de forma adecuada e as veces que debemos facelo ao día. Todo iso de forma lúdica e práctica. 

Desde aquí gustaríanos darlle as grazas pola súa visita e por todo o que aprendemos. Tamén agradecerlle á profe Aurora Lorenzo por facer posible a súa visita.


venres, 11 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

Como cada ano O SAMAÍN chegou ao noso cole.
Este ano participamos no concurso " CONTOS DE MEDO " convocado polo equipo de actividades complementarias.