Deixámosvos o vídeo da nosa actuación no festival de Nadal 2017.
Ola, Somos o alumnado de Educación Infantil do CEIP de Cervo Nº1. Neste recuncho mostrarémosvos moitas das actividades que realizamos en conxunto.
venres, 22 de decembro de 2017
venres, 8 de decembro de 2017
CANCIÓN FESTIVAL DE NADAL 2017
No festival de Nadal imos interpretar "Cosas de la Navidad" de Raúl Charlo. Deixámosvos un vídeo coa canción e letra para que podades ensaiar na casa.
mércores, 29 de novembro de 2017
TODOS OS DÍAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero. No cole participamos unha actividade en conxunto con varios centros galegos. Nos seguintes vídeos podedes ver o noso traballo e un fermoso vídeo elaborado polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño, de Abadín.
martes, 28 de novembro de 2017
SANTA CECILIA
Cada 22 de novembro, Santa Cecilia, celébrase o día da Música. O alumnado do instituto e a súa profe de música, María, puxeron en escena a divertida obra teatral musicada "as laranxas máis laranxas de todas as laranxas"de Carlos Casares, que onte puidemos ver na casa da cultura de San Cibrao.
Moitas grazas chicos!!
Moitas grazas chicos!!
venres, 24 de novembro de 2017
O MAGO TETO ESTIVO NO COLE!
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita do MAGO TETO. No seguinte vídeo podedes ver o máxico que foi.
mércores, 22 de novembro de 2017
O MAGO TETO
Un ano máis encheremos o cole maxia. Nesta ocasión contaremos coa actuación do Mago Teto, que terá lugar o vindeiro venres, 24 de novembro. Se queredes coñecer ao mago preme na imaxe.
martes, 21 de novembro de 2017
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Hai mais de trinta anos que a escritora Adela Turín publicou a colección "Dalle parte delle bambine" (a favor das nenas), converténdose nunca colección referencia para a coeducación e a igualdade na época. Tristemente, despois de tantos anos, estes libros seguen sendo necesarios na actualidade.
Recomendamos os siguientes contos para traballar co alumnado de infantil:
CONTO: ARTURO E CLEMENTINA
Adaptación do conto Arturo e Clementina realizada polo alumnado de Infantil do CEIP Ricardo Tobío ( Esteiro- Muros)
Reflexións para traballar despois da lectura co alumnado:
- Como é Clementina?
- Por que cres que Clementina non era feliz?
- Como é Arturo?
- Se foses Clementina, que farías no seu lugar?
- Que che parece o final do conto?
- Esperabas que terminase así?
- Que é o que máis che gustou da historia?
- Que é o que menos che gustou da historia?
- Que aprendiches coa historia?
- Cres que podería ser real?
Outras actividades:
- Realiza un debuxo que represente o máis significativo.
- Actividades tipo: que pasaría se...
- Inventar outro final.
- Continuar a historia.
CONTO: ROSA CARAMELO
Na manada, todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita. Pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas para os machos. Ao non aceptar esa tradición mostrará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía.
Recomendamos os siguientes contos para traballar co alumnado de infantil:
CONTO: ARTURO E CLEMENTINA
Adaptación do conto Arturo e Clementina realizada polo alumnado de Infantil do CEIP Ricardo Tobío ( Esteiro- Muros)
Reflexións para traballar despois da lectura co alumnado:
- Como é Clementina?
- Por que cres que Clementina non era feliz?
- Como é Arturo?
- Se foses Clementina, que farías no seu lugar?
- Que che parece o final do conto?
- Esperabas que terminase así?
- Que é o que máis che gustou da historia?
- Que é o que menos che gustou da historia?
- Que aprendiches coa historia?
- Cres que podería ser real?
Outras actividades:
- Realiza un debuxo que represente o máis significativo.
- Actividades tipo: que pasaría se...
- Inventar outro final.
- Continuar a historia.
CONTO: ROSA CARAMELO
Na manada, todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita. Pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas para os machos. Ao non aceptar esa tradición mostrará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía.
Guía didáctica sobre o conto Rosa Caramelo
WEBQUEST infantil sobre o conto Rosa Caramelo
CONTO: A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar.
Outro conto moi interesante é "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"
Ilustración da princesa Carlota en branco e negro para que o alumnado a vista como queira.
CONTO: LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS
CONTO: MARUXA
Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día... Maruxa decide darlle unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome conciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
CANCIÓN SÚPER LOLA
E para rematar a entrada publicamos esta canción que nos ensinou a profe Loli. Agardamos que vos guste.
luns, 20 de novembro de 2017
martes, 31 de outubro de 2017
SAMAÍN 2017
DESFILE E CONCURSO DE CAIXAS TERRORÍFICAS
CONXURO DE SAMAÍN. ELABORADO ENTRE TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
CONXURO DE SAMAÍN. ELABORADO ENTRE TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
luns, 15 de maio de 2017
domingo, 7 de maio de 2017
DÍA DO LIBRO 2017
Para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017 o alumnado de 6º de educación Primaria agasallounos coa representación do conto " A CASA DA MOSCA CHOSCA"
Dende o equipo da biblioteca propúxosenos escribir o que era un libro para cada un de nós nuns paneis que agora forman parte da biblioteca de centro.
VISITA DE ANXO MORE
IV SEMANA DO PATÍN
A semana do 27 ao 31 de marzo celebramos no colexio a " IV festa do patín" Durante o momento do recreo o alumnado realizou xogos subidos nos patinetes e patíns. Pasámolo moi ben!!
sábado, 25 de marzo de 2017
Para celebrar o día da árbore e da auga, a deputación de Lugo entregou en todos os centros da provincia o conto: " Eva, o trasto e o ameneiro" e unha guía didáctica con actividades. A finalidade é fomentar a importancia das árbores e da auga, resaltando a figura do ameneiro. Para poñer broche final á semana da árbore e da auga plantamos dous ameneiros no patio do cole. Puxémoslles o nome de SOL e DIAMANTE.
mércores, 15 de marzo de 2017
ESTREANDO PARQUE!!!
Un dos momentos que máis nos gusta da xornada escolar é O RECREO. Hai unhas semanas que non podiamos utilizar todo o espazo, algo que ás veces notamos, xa que se nos fixo algo pequeno só poder xogar polo resto do patio escolar. Pero onte levámonos unha gran sorpresa, xa podiamos xogar no parque novo!!!, tan esperado por nós!!! Aquí podedes ver algunhas fotografías dos primeiros momentos de xogo.
luns, 20 de febreiro de 2017
MANDADIÑOS DO MECO
Pois xa damos entrada a semana na que celebramos O ENTROIDO no cole. Deixámosvos os mandadiños do MECO. Lembrade que son acumulativos.
martes, 7 de febreiro de 2017
DÍA DA PAZ 2017
O 30 de xaneiro celebramos no cole O DÍA DA PAZ.
A nivel de aula-ciclo traballamos o poema "SOLO TRES LETRAS" de Gloria Fuertes.
Cada grupo de infantil encargouse de traballar con cada letra e co poema na aula. Ao finalizar as actividades do día formamos a palabra PAZ no corredor de infantil.
A nivel de aula-ciclo traballamos o poema "SOLO TRES LETRAS" de Gloria Fuertes.
Cada grupo de infantil encargouse de traballar con cada letra e co poema na aula. Ao finalizar as actividades do día formamos a palabra PAZ no corredor de infantil.
A nivel de centro tivemos sesións simultáneas de cine pola PAZ.
En infantil disfrutamos do curto BRIDGE - A PONTE. Un curto animado que nos convida á reflexión e nos mostra como moitas veces os problemas que parecen máis grandes teñen unha fácil solución.
O conto infantil "mi lado de la bufanda" sobre o valor da amizade eterna.
Por último o conto WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. A historia dunha muller Keniana. Una historia verdadeira de loita e superación. Wangari foi premio Nobel da Paz no ano 2004
E todas e todos xuntos no patio disfrutamos do xogo pola PAZ. Por equipos tiñamos que ir atopando pezas dun crebacabezas coa imaxe do faro de San Cibrao. Unha vez que logramos reunir todas as pezas levámonos unha grata sorpresa... A imaxe en xigante formada coas nosas fotos en miniatura!!!
sábado, 4 de febreiro de 2017
DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
O 26 de xaneiro é o día mundial da Educación Ambiental. No cole realizamos xogos organizados polo Concello para concienciar aos máis novos no seu coidado e protección..
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)