luns, 20 de febreiro de 2017

MANDADIÑOS DO MECO

Pois xa damos entrada a semana na que celebramos O ENTROIDO no cole. Deixámosvos os mandadiños do MECO. Lembrade que son acumulativos.

martes, 7 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ 2017

O 30 de xaneiro celebramos no cole O DÍA DA PAZ. 
A nivel de aula-ciclo traballamos o poema "SOLO TRES LETRAS" de Gloria Fuertes.
Cada grupo de infantil encargouse de traballar con cada letra e co poema na aula. Ao finalizar as actividades do día formamos a palabra PAZ no corredor de infantil.
A nivel de centro tivemos sesións simultáneas de cine pola PAZ.

 En infantil disfrutamos do curto BRIDGE - A PONTE. Un curto animado que nos convida á reflexión e nos mostra como moitas veces os problemas que parecen máis grandes teñen unha fácil solución.
O conto infantil "mi lado de la bufanda" sobre o valor da amizade eterna.
Por último o conto WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. A historia dunha muller Keniana. Una historia verdadeira de loita e superación. Wangari foi premio Nobel da Paz no ano 2004

E todas e todos xuntos no patio disfrutamos do xogo pola PAZ. Por equipos tiñamos que ir atopando pezas dun crebacabezas coa imaxe do faro de San Cibrao. Unha vez que logramos reunir todas as pezas levámonos unha grata sorpresa... A imaxe en  xigante formada coas nosas fotos en miniatura!!!

sábado, 4 de febreiro de 2017

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O 26 de xaneiro é o día mundial da Educación Ambiental. No cole realizamos xogos organizados polo Concello para concienciar aos máis novos no seu coidado e protección..