mércores, 29 de novembro de 2017

TODOS OS DÍAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero. No cole participamos unha actividade en conxunto con varios centros galegos. Nos seguintes vídeos podedes ver o noso traballo e un fermoso vídeo elaborado polo CEIP Aquilino Iglesias Alvariño, de Abadín.




martes, 28 de novembro de 2017

SANTA CECILIA

Cada 22 de novembro, Santa Cecilia, celébrase o día da Música. O alumnado do instituto e a súa profe de música, María, puxeron en escena a divertida obra teatral musicada "as laranxas máis laranxas de todas as laranxas"de Carlos Casares, que onte puidemos ver na casa da cultura de San Cibrao.
Moitas grazas chicos!!





mércores, 22 de novembro de 2017

O MAGO TETO

Un ano máis encheremos o cole maxia. Nesta ocasión contaremos coa actuación do Mago Teto, que terá lugar o vindeiro venres, 24 de novembro. Se queredes coñecer ao mago preme na imaxe.

 MAGO TETO

martes, 21 de novembro de 2017

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hai mais de trinta anos que a escritora Adela Turín publicou a colección "Dalle parte delle bambine" (a favor das nenas), converténdose nunca colección referencia para a coeducación e a igualdade na época. Tristemente, despois de tantos anos, estes libros seguen sendo necesarios na actualidade. 

Recomendamos os siguientes contos para traballar co alumnado de infantil:

CONTO: ARTURO E CLEMENTINA


Adaptación do conto Arturo e Clementina realizada polo alumnado de Infantil do CEIP Ricardo Tobío ( Esteiro- Muros)

Reflexións para traballar despois da lectura co alumnado:
- Como é Clementina?
- Por que cres que Clementina non era feliz?
- Como é Arturo?
- Se foses Clementina, que farías no seu lugar?
- Que che parece o final do conto?
- Esperabas que terminase así?
- Que é o que máis che gustou da historia?
- Que é o que menos che gustou da historia?
- Que aprendiches coa historia?
- Cres que podería ser real?
Outras actividades:
- Realiza un debuxo que represente o máis significativo.
- Actividades tipo: que pasaría se...
- Inventar outro final.
- Continuar a historia.


CONTO: ROSA CARAMELO
Na manada, todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita. Pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas para os machos. Ao non aceptar esa tradición mostrará ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía.

Guía didáctica sobre o conto Rosa Caramelo


WEBQUEST infantil sobre o conto Rosa Caramelo

CONTO: A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar.

Outro conto moi interesante é "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"

Ilustración da princesa Carlota en branco e negro para que o alumnado a vista como queira.
CONTO: LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS
CONTO: MARUXA
Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día... Maruxa decide darlle unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome conciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

CANCIÓN SÚPER LOLA
E para rematar a entrada publicamos esta canción que nos ensinou a profe Loli. Agardamos que vos guste.