domingo, 7 de maio de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017 o alumnado de 6º de educación Primaria agasallounos coa representación do conto " A CASA DA MOSCA CHOSCA"



Dende o equipo da biblioteca propúxosenos escribir o que era un libro para cada un de nós nuns paneis que agora forman parte da biblioteca de centro.




VISITA DE ANXO MORE

O mércores 29 de marzo tivemos a visita do contacontos ANXO MOURE. E como podedes ver tamén chegou en patinete...



IV SEMANA DO PATÍN

A semana do 27 ao 31 de marzo celebramos no colexio a " IV festa do patín" Durante o momento do recreo o alumnado realizou xogos subidos nos patinetes e patíns. Pasámolo moi ben!!