domingo, 27 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

O pasado 18 de novembro celebramos O MAGOSTO. Aínda que o tempo non nos acompañou, e tivemos que trasladarnos ao ximnasio do colexio, pasámolo xenial coas actividades propostas polo profe Luís. E para mostra...


VISITA ODONTÓLOGA

Hai unhas semanas tivemos a sorte de contar coa visita da odontóloga CAROLINA CARIDAD PADILLA (clínica dental CAOSA ) Ensinounos a cepillarnos os dentes de forma adecuada e as veces que debemos facelo ao día. Todo iso de forma lúdica e práctica. 

Desde aquí gustaríanos darlle as grazas pola súa visita e por todo o que aprendemos. Tamén agradecerlle á profe Aurora Lorenzo por facer posible a súa visita.


venres, 11 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

Como cada ano O SAMAÍN chegou ao noso cole.
Este ano participamos no concurso " CONTOS DE MEDO " convocado polo equipo de actividades complementarias.